Xeotérmica

Xeotérmica 

A enerxía xeotérmica é a enerxía almacenada en forma de calor baixo a superficie terrestre, polo que inclúe a calor almacenada en rocas, chans e auga subterráneas.  

Clasifícase en función da temperatura do recurso en alta, media, baixa ou moi baixa temperatura; sendo os seus aproveitamentos máis estendidos os de moi baixa temperatura, xa que non están asociados a anomalías xeotérmicas, aínda que si a características térmicas favorables do subsolo, podendo aproveitar a calor contida neste para diferentes usos térmicos mediante unha bomba de calor.  

En Galicia localízanse tamén algúns recursos xeotérmicos, especialmente en zonas concretas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que permiten ao aproveitamento directo do recurso xeotérmico a través de recursos hidrotermais entre os 60° e os 80°.  

En xeral, as características do subsolo en Galicia fan da nosa Comunidade unha rexión de especial interese para o aproveitamento da enerxía xeotérmica en diferentes usos.  

 

Xeotérmica